O Correo de Bergantiños

Comezou o ciclo de teatro no Concello de Ponteceso

  • 09 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

PONTECESO. A edición XVIII do Ciclo de Teatro en Ponteceso deu comezo no salón de actos do Edificio das Escolas do Concello coa obra Feminíssimas, da compañía de Ste Xeito Producións. Arrincou así o ciclo que encherá este mes de novembro de teatro a localidade, que empezou cunha gran acollida por parte do público. Nesta primeira cita os asistentes puideron gozar da obra Feminíssimas que deixou na noite do pasado venres altas doses de humor, ironía e complicidade. A próxima función pertencente ao Ciclo de Teatro terá lugar o vindeiro venres ás 22.30 horas, nas mesmas instalacións, coa obra Mofa e Befa: Dúas pedras no camiño de Producións Teatrais Excéntircas. Trátase dun espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público. As persoas interesadas en asistir á representación deberán reservar as entradas previamente contactando co departamento de Cultura, chamando ao teléfono 630 907 124. cg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.