O Correo de Bergantiños

Conclúen as obras de mellora da estrada e ampliación de saneamento en Cabovilaño, A Laracha

A intervención afectou aos núcleos de A Braña, A Cacharra, A Fraga e A Teixoeira // O investimento total acércase aos 80.000 euros

  • 09 jun 2021 / 17:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. O Concello da Larcha vén de concluír a execución dun amplo proxecto na parroquia de Cabovilaño dirixido a ampliar a rede de saneamento e mellorar as condicións da estrada entre os núcleos de A Braña, A Fraga, A Cacharra e A Teixoeira.

En concreto, hoxe finalizou a intervención coa pavimentación con aglomerado asfáltico en quente da vía, que presenta unha lonxitude aproximada de oitocentos metros, incluíndo a ampliación da plataforma da calzada que agora pasa a ter unha anchura mínima de seis metros. Isto facilitará as comunicacións rodadas e reforzará a seguridade viaria na zona. Ata o lugar acercouse o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, para falar co director da obra.

Previamente, na anterior fase de execución do proxecto, nun tramo desta mesma estrada instaláronse soterradas as tubaxes para ampliar o servizo de saneamento de residuais, ampliando a rede e conectándoa coa xa existente en A Cacharra.

O conxunto das actuacións requiriu preto de 80.000 euros.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.