O Correo de Bergantiños

Continúan as obras de aglomerado no Concello de Carballo

Son cinco proxectos de mellora que supoñen preto do millón de euros de presuposto // O alcalde e o concelleiro de Obras visitaron hoxe dúas vías das parroquias carballesas

  • 03 nov 2020 / 17:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. Nestes momentos están en marcha no Concello de Carballo cinco proxectos de aglomerado de vías que están consideradas estruturantes porque unen parroquias ou núcleos rurais importantes, catro deles financiados polo Concello e o outro pola Deputación. O investimento total aproxímase ao millón de euros. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, realizaron hoxe un percorrido pola vía que une Artes e Ardaña e Artes con Berdillo.

Proxecto en Xamozo (Artes)-Santa María (Ardaña). A vía ten agora unha anchura media de 6 metros ao longo dos máis de tres quilómetros que unen as parroquias de Artes e Ardaña, polos que circula a diario o transporte escolar. O proxecto incluíu tamén a dotación de rede de augas pluviais nun treito de 70 metros, drenaxe e estendido dunha capa de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor, ademais do recrecido das tapas dos pozos, arquetas e sumidoiros, en execución nestes momentos. Tamén está pendente a sinalización horizontal e vertical.

Obras na Feira de Berdillo-O Moucho (Artes-Berdillo). Pola súa banda, a Deputación da Coruña ten en marcha nestes momentos as obras de renovación do firme e mellora da seguridade viaria dos primeiros 2,5 quilómetros da estrada provincial DP-1904, da Feira de Berdillo ao Moucho. As obras foron adxudica-das á empresa GR Construcciones por 195.479,05 euros e teñen un prazo de execución de catro meses. Agora mesmo están en marcha os traballos de pavimentación do tra-mo con mestura asfáltica en quente de 6 cm de espesor en todo o ancho da calzada. O proxecto inclúe ademais o pintado da estrada e a renovación da sinalización vertical e horizontal.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.