O Correo de Bergantiños

Convocada a última líña de axudas GALP para proxectos do eido mariño

Os promotores teñen de prazo ata o día 17 de setembro para enviar as súas solicitudes

  • 18 ago 2021 / 18:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Malpica. O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte informa que, o pasado martes foi publicada a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021.

As axudas están destinadas a xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, asociacións do sector pesqueiro, redeiras... que presenten proxectos relacionados co mar.

O territorio de actuación do GALP Costa da Morte comprende os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.

Os promotores disporán ata o 17 de setembro para a presentación telemática da solicitude (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/ 20210817/AnuncioG0427-040821-0001_gl.htm). Para máis información os interesados poden poñerse en contacto co GALP a través do teléfono 981 707378 ou do correo electrónico: galp.mar.costadamorte@xunta.gal.

Lembrar que están tamén a disposición das persoas interesadas na oficina sita no Edificio do Centro Comarcal de Bergantiños, ubicada en Buño (Malpica), de luns a venres de 8.30 a 15.00 horas. m. l.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.