O Correo de Bergantiños

Coristanco avanza na compostaxe doméstica

O luns entregáronse 25 composteiros á veciñanza // Nos vindeiros días repartiranse 100 máis

  • 17 mar 2021 / 18:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Coristanco. Son moitos os concellos da comarca de Bergantiños que apostan pola compostaxe doméstica. Entre eles está o Concello de Coristanco, que este luns fixo entrega de 25 composteiros a aqueles veciños e veciñas que así o solicitaron. A entrega, no edificio de Servizos Múltiples, foi acompañada dun manual de compostaxe doméstica así como da intervención dunha técnico da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) que dou aos asistentes as pautas necesarias e o apoio para conseguir un proceso de compostaxe eficaz.

A maiores, Coristanco ven de recibir outros 100 composteiros que serán entregados proximamente a aquelas familias que queiran participar no programa. Así serán xa unhas 200 vivendas as que se beneficien desta iniciativa.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.