O Correo de Bergantiños

Demandan a inclusión das nove mámoas de Brantuas no Parque do Megalitismo

A Asociación Cultural Nosa Señora do Faro asegura que é a maior concentración deste tipo de xacementos de toda a zona // Traballan no deseño dunha ruta arqueolóxica

  • 20 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A xunta directiva da Asociación Cultural Nosa Señora do Faro, de Brantuas (Ponteceso), reivindica que se contemple a inclusión no Parque do Megalitismo da Costa da Morte as nove mámoas do Vaqueiro, que se localizan na ladeira do monte Faro, e das que xa falou Eduardo Pondal nun artigo na prensa de Santiago no século XIX.

Máis concretamente, sitúanse ás beiras do camiño real que comunicaba Brantuas e Niñóns con Corme. Ademais destes elementos arqueolóxicos de grande interese patrimonial hai un petróglifo, dúas coviñas e toda a mitoloxía relacionada co monte e coa romaría do Faro (ermida, fonte, camiño da procesión, pedra de abalar, cruceiros e cruces de pedra), así como a súa relación co mundo do mar ou o valor xeolóxico da Moura dentro deste parque.

Dende a A. C. Nosa Señora do Faro aseguran que “é a máis grande concentración de mámoas da volta, e sería de alto interese que se incluísen nese proxecto da Deputación da Coruña”. Esta inclusión, engaden, “sería unha grande achega ó Parque do Megalitismo, tanto pola cantidade de mámoas que conforman este conxunto como pola súa excelente situación xeográfica nun dos máis importantes miradoiros da Costa da Morte desde onde se divisa toda a comarca de Bergantiños e outras limítrofes”.

Ademais, os directivos da asociación cultural decidiron organizar unha mesa de traballo na que se redactará un proxecto para realizar unha ruta arqueolóxica e cultural que leve a visitantes a todos estes elementos de interese. Unha vez estea redactada a ruta, entregarana nas administracións correspondentes para a súa factible execución.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.