O Correo de Bergantiños

Demandan que se informe á veciñanza de Lestimoño sobre o proxecto da senda

Os edís non adscritos acusan ao goberno local de falta de “transparencia” // Piden que se acometan tamén os servizos de abastecemento e saneamento

  • 30 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os concelleiros non adscritos de Ponteceso aseguran que os veciños de Lestimoño están “preocupados e indignados“ polas obras da senda que se vai construír pola “falta de transparencia e a forma de actual do alcalde, que non lles explicou, nin fixo público, o proxecto”. Subliñan ademais que as expropiacións “chegan incluso ás escaleiras de entrada das vivendas, segundo as cotas pintadas pola empresa topográfica contratada”. Critican tamén que a veciñanza se teña “que enterar polo BOP das actuacións que queren facer nas súas propiedades”.

Por todo iso piden que o alcalde “lle explique aos veciños como vai ser o proxecto a cada un deles e por que se decide a expropiación dos seus bens”. Asemade, demandan que cando se constrúa a senda se habiliten tamén os servizos de abastecemento e saneamento “para todo Lestimoño, tal e como solicitaramos nós cando propuxemos que se incluirá esta obra no POS 2022, xa que consideramos que é a máis urxente que ten agora o concello”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.