O Correo de Bergantiños

Denuncian a falta de orzamento para reforzar a seguridade no porto de Malpica

  • 01 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Malpica. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, advertiu que os orzamentos da Xunta para 2023 “volven deixar fora as obras de mellora da seguridade na dársena de Malpica, e tamén as reformas da nave de redeiras e da lonxa”.

Asegura que o goberno galego tan só dedica 25.776 euros ás obras de mellora da dársena interior, o que cualificou de “ridículo para a seguridade e un insulto para os mariñeiros”, que en decembro de 2018 vían como morría un dos seus compañeiros na dita dársena.

Lamentou que a pesares dos continuos anuncios “seguimos sen saber nada” nin da ampliación do dique de abrigo nin do apuntalamento da dársena e acusou ao goberno galego de “xogar coa vida dos mariñeiros” logo de 4 anos do accidente mortal no porto, durante os que tanto Portos de Galicia como o goberno galego “deron largas”, malia que no PSdeG “comportámonos con responsabilidade e moita paciencia, pero a paciencia ten límites”.

Ademais, sinalou que o goberno galego non destina un só euro á mellora das instalacións do edificio da Lonxa e da nave de redeiras, para resolver os problemas coa cuberta, a construción de aseos ou o portalón de peche. Otero considera “necesario e de xustiza” que estas traballadoras conten cunhas instalacións dignas nas que traballar, “onde non chova nin morran de frío” e que poidan contar con “duchas e baños decentes”.

Lembrou que Portos de Galicia ten como competencias propias a conservación e mellora das zonas de servizos, e entre as funcións asignadas están a planificación, proxección, execución e conservación de obras e instalacións.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.