O Correo de Bergantiños

Desaloxan un edificio en Malpica a causa dun incendio

O lume danou un sofá e a instalación eléctrica do inmoble situado no lugar da Camuza

  • 25 may 2021 / 19:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Un lume nunha vivenda dun edificio do lugar da Camuza, en Malpica de Bergantiños, obrigou ao desaloxo dos veciños do inmoble. O 112 Galicia foi informado, pasadas as tres e media da tarde, de que saía fume por unha fiestra e, de xeito inmediato, avisou aos Bombeiros de Carballo. Ata alí tamén se desprazou a Garda Civil, que desaloxou o edificio enteiro, e confirmoulle aos xestores do CIAE-112 que todos os veciños estaban ben e ninguén precisaba atención sanitaria.

Os bombeiros deron por extinguido o lume pasadas as cinco da tarde, e comunicáronlle ao 112 que resultou afectado un sofá dunha vivenda e tamén á instalación eléctrica do inmoble. No operativo participaron tamén os membros do GES de Ponteceso e de Protección Civil de Malpica de Bergantiños.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.