O Correo de Bergantiños

Dous feridos tras chocar unha furgoneta e un tractor en Malpica

Un dos ocupantes tivo que ser excarcerado polos servizos de emerxencia

  • 02 oct 2020 / 10:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Dúas persoas resultaron feridas, e unha delas tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia na noite do xoves despois que a furgoneta na que viaxaban chocara contra un tractor no lugar de Filgueira (Malpica de Bergantiños). Ambos foron evacuados ao hospital da Coruña.Os feitos tiveron lugar ás 22:30 horas na estrada que une as localidades de Buño e Malpica. A esa hora, o propio condutor da furgoneta chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda despois de chocar contra un vehículo agrícola. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 polo alertante, o accidente puido producirse debido a que o tractor circulaba sen sinalización, o que dificultaba a súa visibilidade.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo e dos membros do GES de Ponteceso.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención fixeron uso do material de excarceración para liberar ao ocupante do vehículo e, finalmente, os dous feridos foron trasladados en ambulancia ata o centro hospitalario.

Para garantir as condicións de seguridade na vía, desde o 112 solicitouse tamén a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.