O Correo de Bergantiños

Dous millóns de euros no POS’22 para o rural carballés

  • 28 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. A corporación de Carballo aprobará o luns o POS+, dotado este ano con tres millóns de euros, dos cales máis de dous serán destinados a investimentos no rural. Entre os proxectos figuran o aglomerado da vía As Labradas-A Ponte de Bértoa; a mellora da iluminación no complexo deportivo As Eiroas, e con cargo ao Plan complementario, os aglomerados das vías As Torres (Oza) - Cances Grande (Cances) e Bolón (Sofán) - Vilar de Francos (Artes); e as redes de abastecemento potable á zona baixa de Sofán e dende A Canosa (Rus) ata Entrecruces. Ademais, case 200.000 euros adicaranse ao servizo de axuda no fogar.

Xosé Regueira, que ademais de concelleiro é vicepresidente da Deputación e deputado responsable dos plans provinciais, acompañou ao alcalde, Evencio Ferrero, na presentación da proposta de investimentos. “Estamos moi orgullosos dun plan que afonda moito na autonomía local, pero tamén, como concelleiro carballés, de que Carballo teña un nivel de execución óptimo entre todos os concellos da provincia, e non o digo só eu, senón tamén os datos anuais do sector da construción”, manifestou.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.