O Correo de Bergantiños

Eliminados tres verquidos na Laracha

Apareceron en Soandres, Erboedo e o coto de Santa María

  • 28 abr 2022 / 19:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello larachés detectou e procedeu á eliminación de tres verquidos incontrolados de lixo localizados a carón da rede viaria en Soandres e Erboedo e, tamén, no coto de Santa Marta.

En Soandres apareceron rodas e restos de materiais plásticos e metálicos na estrada de acceso ao núcleo de Silvoso. En Erboedo, nas inmediacións do núcleo de Longra, foron depositados restos dun vehículo e tamén residuos de obra tales como ferralla, escombro e botes plásticos. O verquido localizado no coto de Santa Marta consistía en colchóns e material téxtil.

O Concello solicita a colaboración cidadá para evitar este tipo de situacións que poden causar danos no medio ambiente. Lémbrase que o Punto Limpo é un servizo municipal gratuíto para os usuarios que garante que a eliminación dos residuos se realice dun xeito responsable, que se aproveite o que poida ser reciclado e que os máis contaminantes reciban un tratamento especial.

Está a disposición de todos os veciños do municipio no Formigueiro, moi preto do casco urbano da Laracha, os luns (15.00 a 20.00 horas), mércores e venres (16.00 a 20.00 horas) e sábados (9.00 a 14.00 horas). Ademais, existe un servizo de recollida de voluminosos a domicilio, tamén gratuíto para a veciñanza, que pode solicitarse chamando ao teléfono gratuíto 900701120.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.