O Correo de Bergantiños

Evencio Ferrero aspira a completar un sexto mandato como alcalde de Carballo

Ten o apoio unánime das bases do BNG e di contar co mellor equipo para gobernar

  • 28 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. Evencio Ferrero Rodríguez volverá a ser o candidato do BNG á alcaldía de Carballo e optará a ser reelexido por sexta vez. En maio cumprirá 20 anos no primeiro sillón municipal.

A súa elección contou co apoio unánime de militantes e simpatizantes, e dende o partido aseguran que a proclamación, entre aplausos e aclamacións, “é un reflexo do arraigo do proxecto do BNG entre a veciñanza, que elección tras elección vén incrementando o seu apoio á formación nacionalista”, que conta agora con 12 dos 21 concelleiros da Corporación.

O éxito, segundo Ferrero, “é o resultado do traballo serio, intenso e rigoroso que se vén desenvolvendo no ámbito municipal, tanto dende a oposición coma, nos últimos vinte anos, dende o goberno”.

O alcalde destacou o “compromiso con Carballo” de todas as persoas que formaron parte das sucesivas candidaturas e amosou a súa convicción de contar “co mellor equipo para seguir gobernando”. Aínda que hai catro anos o PP argumentou que abandonaría o cargo despois da toma de posesión, “Evencio non só se mantivo, senón que concorrerá ás próximas eleccións con toda a forza que outorgan a experiencia, o afecto da cidadanía e a seguridade de que o seu equipo será, de novo, o mellor para seguir facendo de Carballo un bo lugar para vivir, investir e desfrutar”, din dende o BNG.

Agardan que sexa a lexislatura da ampliación do polígono, da circunvalación e da mellora das infraestruturas sanitarias e viarias. J. M. R.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.