O Correo de Bergantiños

Excarceran a unha muller tras colisionar un coche e unha furgoneta na Laracha

O accidente tivo lugar ao fío das 7.30 horas na estrada que une Ledoño e Cerceda

  • 16 abr 2021 / 09:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Unha muller necesitou axuda dos servizos de emerxencia na mañá de hoxe despois de producirse unha colisión entre un coche e unha furgoneta na AC-523, ao seu paso polo concello da Laracha.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcerar a ferida. Unha vez liberada, a muller puido ser atendida polos profesionais sanitarios, desprazados ata o lugar en ambulancia.

O accidente tivo lugar ao fío das 07:30 horas na estrada que une as localidades de Cerceda e Ledoño. Nese momento, o 112 Galicia foi informado da colisión ao recibir a chamada doutros condutores que circulaban pola vía e que puideron testemuñar que a ocupante do turismo non era quen de abandonalo polos seus propios medios.

O 112 pasou aviso de inmediato ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo e de Ordes, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Os equipos de intervención procederon a cortar un dos carrís da estrada mentres duraron as tarefas de excarceración e ata que as condicións de seguridade puidesen ser restablecidas.

Desde o 112 tamén informouse aos efectivos de Protección Civil de Cerceda e A Laracha e tamén ao servizo de mantemento da vía.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.