O Correo de Bergantiños

Ferida de gravidade unha muller tras ser atropelada por un ciclista en Carballo

O suceso ocorreu onte na baixada do Monte Neme // Permanece ingresada na UCI

  • 18 feb 2021 / 10:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

SANTIAGO. EUROPA PRESS // Unha muller resultou accidentada na tarde deste mércores despois de ser atropelada por un ciclista nunha pista no termo municipal de Carballo (A Coruña).

Segundo os datos facilitados pola Garda Civil, os feitos sucederon cando dous ciclistas baixaban por unha "curva pechada" por unha pista na baixada do Monte Neme, en Carballo, e un deles impactou coa muller, que caeu ao chan.

Ao chegar ao lugar, á beira do campo de fútbol de Cances, a patrulla da Benemérita viu como a muller atropelada estaba consciente por momentos. Posteriormente foi trasladada a un centro hospitalario da Coruña, onde permanece ingresada en estado moi grave na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.