O Correo de Bergantiños

Gonzalo Trenor recalca á veciñanza larachesa a importancia de correxir os impactos paisaxísticos

Poderá recibirse ata un máximo de 3.000 euros por petición // As persoas interesadas na axuda teñen ata ao 31 de maio para solicitala

  • 19 abr 2021 / 16:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. O delegado da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor estivo esta mañá na Laracha para presentar xunto ao alcalde, José Manuel López Varela, a convocatoria de subvencións do Instituto de Estudos do Territorio para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos. Esta orde recolle incentivos para que os cidadáns leven a cabo pequenas intervencións nas vivendas e inmobles da súa propiedade, co obxectivo de mellorar visualmente a edificación e evitar un punto de impacto na contorna na que se asentan.

Na xuntanza, Gonzalo Trenor recalcou que “hasta el 31 de mayo, los particulares o comunidades que deseen acogerse a esta línea de ayudas pueden presentar su solicitud, que cubrirá el 70% del importe global de la proyecto de mejora paisajística, que podrá incluir una o varias actuaciones, y que, en todo caso, no superará los 3.000 euros por solicitud”.

Segundo aparece indicado na convocatoria, a única condición que se lle pon aos interesados é que a actuación se debe adaptar aos criterios que establecen a Guía de cores e materiais de Galicia e a Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística.

Algunhas das actuacións que son obxecto de subvención son: cambiar un tellado ou mellorar o aspecto da medianeira do edificio; pintar a fachada da vivenda se está con ladrillo, así como cambiar a tonalidade da pintura e renovar o exterior. Tamén se incluirá o acondicionamento e mellora de fincas de gran dimensión e o revestimento de muros de cerramento realizados con bloques de formigón.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.