O Correo de Bergantiños

Hostaleiros e comerciantes carballeses animan a asistir ao autocine no Nadal

Celebrarase mañá, domingo e luns no polígono de Bértoa cun total de 90 coches por sesión

  • 01 ene 2021 / 12:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. Despois do seu aprazamento, chega a Carballo o autocine para desfrutar nestas datas de Nadal. Celebrarase os días 2,3 e 4 de xaneiro no polígono industrial de Bértoa. En cada sesión poderán participar 90 coches, que deberán estar ocupados exclusivamente por persoas conviventes. Ofrécense un total de nove proxeccións, tres por día. Esta é a carteleira:

Mañá, 2 de xaneiro: “El Grinch” (16h), “Pérez 2” (18.10h), “Érase unha vez en Hollywood” (20.20h)

Domingo 3 de xaneiro: “Astérix” (16h), “Mascotas 2” (18.15h), “Parásitos” (20.30h)

Luns 4 de xaneiro: “Jumanji” (16h), “Corgi y las mascotas de la reina” (18.30h), “O que arde” (21h)

O comercio e a hostalaría local implicáronse nesta ocasión con esta proposta lúdica. Por calquera compra mínima de 20 euros nun establecemento comercial ou pola consumición en calquera dos locais que forman parte da Asociación de Hostalaría de Carballo conseguirase unha entrada.

Ademais, as persoas que teñan un tíquet por valor de 30 euros ou superior tamén poderán participar no sorteo de tres viaxes. Os puntos de validación para conseguir o boleto son o Museo de Bergantiños e a Biblioteca Rego da Balsa.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.