O Correo de Bergantiños

Inícianse melloras no pavimento de varios camiños do Concello malpicán

As obras levaranse a cabo nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda // O orzamento é de 154.634, 31 euros

  • 27 ene 2021 / 13:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Malpica. O Concello de Malpica vén de comezar coas obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños do termo municipal. Concretamente, intervirase nos camiños de Raxeira a Tremoa, no de Leduzo e no de Filgueiras a Loroxo, situados nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda. As intervencións contan cun orzamento de 154.634,31 euros.

Os traballos consistirán na limpeza de cunetas para a formación de ambas marxes, así como o perfilado de taludes. Para adecentar o sobreancho, executaranse as excavacións de gabias en terra. Tamén se realizará un bacheo de firme asfáltico e procederase ao pintado das marcas viais correspondentes. A maiores, analizaranse intervencións nas arquetas, tapas e sumidoiros, procedendo a incrementalas ou disminuílas segundo corresponda.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, destaca que “a través desta intervención conseguiremos unhas infraestruturas de calidade para a veciñanza que responderán ás súas necesidades e tamén se logrará un incremento na seguridade viaria, tema moi importante para nós”, destacou o rexedor.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.