O Correo de Bergantiños

Íntegro forma a novos profesionais da limpeza

  • 27 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cabana. A Asociación Íntegro puxo en marcha un novo curso de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, no que participan sete persoas con discapacidade ou en situación de desemprego. Trátase dunha acción formativa adaptada, incluída na convocatoria de axudas económicas de selección de operacións para o reforzo da empregabilidade de persoas con discapacidade Uno a Uno da Fundación ONCE, cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE).

Ata o 12 de maio, o alumnado recibirá, da man do Centro Especial de Emprego Máis Porvir Xestión Social, a formación teórica específica en materia de limpeza (160 horas), ademais das correspondentes sesións prácticas en empresas (124 horas), coas que completarán o período de aprendizaxe (284 horas). Unha vez rematado o ciclo formativo, levarase a cabo un programa transversal para prestar apoio individualizado na busca activa de emprego. M. Lavandeira

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.