O Correo de Bergantiños

Laracha acolle e integra social e culturalmente ás persoas inmigrantes

  • 14 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

bergantiños. A Laracha acolle é un programa dirixido ás persoas inmigrantes empadroadas no termo municipal –prioritariamente mulleres– que ten por finalidade a súa inclusión social e cultural. Ten dúas liñas de acción complementarias: o taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e o espazo de expresión e participación cultural Exprésa-T, dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida, intercambio e socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación.

No marco do espazo Exprésa-T, as quince participantes no programa –orixinarias de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Colombia e Portugal– realizaron un obradoiro sobre bo trato e autocoidados que foi impartido por SEDRA-Federación de Planificación Familiar, unha organización que traballa para que todas as persoas poidan exercer o dereito a decidir libremente sobre a súa sexualidade e reprodución, así como a ter acceso aos servizos que precisen. A metodoloxía busca favorecer as dinámicas que fomenten a cohesión grupal e a participación. Trataron sobre o autocoñecemento e autocoidado do corpo a nivel externo e interno, a sexualidade e a saúde sexual.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 612 811. redacción

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.