O Correo de Bergantiños

Laracha forma aos maiores de cincuenta e cinco anos no uso de smartphones

Promoverá obradoiros polas parroquias para reducir a brecha dixital

  • 14 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. O Concello larachés formará aos maiores de 55 anos no manexo dos teléfonos móbiles intelixentes co propósito de achegalos ao mundo das tecnoloxías e que poidan sacar o máximo proveito dos seus smartphones e das aplicacións que lles resulten útiles para a súa vida cotiá na realización de trámites coas administracións, solicitar citas médicas, diversificar o tempo de ocio ou optimizar a relación e a comunicación co entorno.

Cada obradoiro constará de catro sesións de hora e media de duración cada unha a impartir en horario de 09.45 a 11.15. Comezarán en Lendo, os días 23 e 27 de febreiro e 1 e 3 de marzo, e continuarán por Coiro (24 e 28 de febreiro e 2 e 6 de marzo), Montemaior (escola de Cumiáns, 7, 9, 13 e 15 de marzo), Lemaio (8, 10, 14 e 16 de marzo), Soandres (17, 20, 22 e 24 de marzo), A Laracha (1ª quenda, 21, 23, 28 e 30 de marzo); Cabovilaño (27, 29, 31 de marzo e 3 de abril), Soutullo (10, 12, 14 e 18 de abril), Vilaño (11, 13, 17 e 19 de abril), A Laracha (2ª quenda, 20, 24, 26 e 28 de abril); Paiosaco (1º quenda, 21, 25, 27 de abril e 2 de maio), Caión (centro social, 3, 5, 8 e 10 de maio), Golmar (Museo dos Muíños, 4, 9, 11 e 15 de maio), Erboedo (12, 16, 18 e 23 de maio) e Paiosaco (2ª quenda, 19, 22, 24 e 25 de maio). As inscricións son gratuítas. J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.