O Correo de Bergantiños

Laracha licita a xestión do punto limpo e o servizo de limpeza viaria

Inclúe a recollida dos colectores de papel, vidro, roupa e, por primeira vez, aceites

  • 06 feb 2021 / 16:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. O Concello sacará a licitación nos próximos días os novos contratos de xestión do punto limpo e do servizo de limpeza viaria por un período de catro anos (dous, prorrogables por outros dous máis) e un valor estimado de 943.799,62 euros máis o imposto de valor engadido (IVE).

Os pregos que rexerán o procedemento serán publicados na Plataforma de Contratación do Sector Público e nese momento abrirase o prazo para a presentación de ofertas, estando a participación limitada a centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral de persoas con diversidade funcional. Co propósito de incrementar a competencia e facilitar a participación das pymes, a contratación estará dividida en dous lotes.

Así, o lote 1 será o referido ao servizo de limpeza viaria e da praia de Caión. Alcanzará un importe de 660.882,52 euros máis IVE e incluirá o varrido manual nos núcleos urbanos (frecuencia diaria) e rurais, baldeo mecánico (limpeza mediante auga a presión), eliminación de herbas no borde da calzada, mantemento de papeleiras, intervencións especiais (caída da folla no outono, xornadas de feira en Paiosaco, festas populares) e a limpeza da praia.

O lote 2, valorado en 282.917,10 €, inclúe a xestión das instalacións do punto limpo, o servizo de recollida de voluminosos a domicilio, a recollida dos colectores de papel-cartón, vidro e roupa e, por primeira vez, a xestión dos novos colectores de aceite de que serán implantados polo Concello. M. LAVANDEIRA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.