O Correo de Bergantiños

Magosto, talleres e exposición de artesanías no pavillón de Laxe

  • 06 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Laxe. O pavillón polideportivo de Laxe acolle este sábado a décima edición do magosto e unha mostra de artesanía, na que tampouco faltará a diversión para os máis pequenos da casa con inchables e obradoiros que terán como protagonistas aos froitos do outono: castañas e cabazas, para que os nenos e nenas desenvolvan a súa creatividade.

A exposición artesanal contará con máis de dez modalidades e todas as persoas participantes poderán degustar unhas castañas asadas e levar de recordo unha imaxe individual ou grupal tomada no “escenario outonal dos bos recordos” do Magosto e Mostra de Laxe 2021 creado para a ocasión.

A cita, organizada polo Concello laxense coa colaboración da Deputación da Coruña e a asociacións de veciños da zona, desenvolverase de 17.30 a 20.30 horas seguindo as últimas medidas e recomendacións do protocolo anticovid. M. Lavandeira

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.