O Correo de Bergantiños

Malpica celebrará o Día das Letras Galegas cunha completa programación cultural

Actuacións musicais, poesía recitada e obradoiros amenizarán o municipio nos vindeiros días

  • 10 may 2021 / 12:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Malpica. Sesións de poesía, música ou a presentación das obras gañadoras do certame de poesía erótica Illas Sisargas serán algunhas das actividades da primeira edicion “Malpica nun mar de Letras”.

O programa cultural comeza o venres 14 de maio no que o espectáculo de narración oral e música ‘O exército das paxariñas’ protagonizado por Soraya Lema e Adela Dios recorrerá os centros de ensino –CEIP Milladoiro, CEIP Joaquin Rodriguez e ás escolas unitarias de Barizo e Mens, do CRA A Nosa Señora do Faro – para achegar a figura de Xela Arias, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021, ao alumnado de Infantil e Primaria.

No mesmo día, ás 20.00 horas o fogar do pensionista da Casa do Pescador acollerá a presentación das obras gañadoras das últimas dúas edicións do Certame de poesía erótica Illas Sisargas, ‘Rascamaceiras’ de Laura Ramos Cuba e ‘O cuarto de Jane’ de Charo Pita, da man do colectivo Caldeirón.

As actividades continuará na xornada do domingo 16 de maio, na praza do Campo. Ás 12:00 horas será o momento para as familias acompañadas da rapazada para gozar cos ‘Arrolos con Mamá Cabra’ nos que Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretan e ensinan ás familias participantes neste pequeno obradoiro algúns arrolos cos que adormecer, aleitar, e tamén cos que gozar da música nos primeiros días e meses de vida. Unha hora máis tarde, ás 13:00 horas, será a hora do Vermú das Letras da man do grupo de Malpica Meigallo, da A.C.D Carcaxía. Pola tarde, ás 17:30 horas é o momento do ‘Café con Letras’ no que Atenea García con ‘De ti e mailo mundo que apañes’ fará un percorrido pola obra da poeta Xela Arias. Para finalizar a xornada celebrarase ás 19.20 horas o concerto de Acordeireta, grupo formado por Patricia González e Alejandro Balbuena.

Para finalizar esta primeira edición de Malpica nun mar de Letras, o propio Día das letras, o luns 17 de maio a cita será ás 12:00 horas na praza Villar Amigo onde haberá unha lectura poética aberta para os que se acerquen ao lugar, coa actuación da compañía de A.C. Malante de Malpica.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.