O Correo de Bergantiños

Matense en 50 o límite de velocidade nas travesías urbanas da Laracha

  • 11 may 2021 / 18:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. A nova normativa que entrou este martes en vigor no marco da iniciativa Ciudades 30 da Dirección General de Tráfico, non afecta ás travesías urbanas do concello da Laracha, que manterán o límite de velocidade máxima en 50 quilómetros/hora. As estradas que cumpren esa característica son as avenidas Fisterra, Doutor López Astray e a de Caión, ademais da rúa Santa Lucía, na Laracha; a avenida Bergantiños e as rúas Porta Santa e Eduardo Pondal, en Paiosaco; e a avenida da Laracha, en Caión.

No resto de vías urbanas, por norma xeral xa son de aplicación os límites de 30 km/h nas vías dun só carril por sentido e de 20 km/h nas de plataforma única, isto é, as que non presentan diferenza de altura entre a zona de circulación e a beirarrúa.

Paralelamente aos cambios de sinalización, na capital municipal xa están na última fase as obras de urbanización da avenida Manuel Fraga ata a rúa Maruja Mallo, pola parte posterior do IES Agra de Leborís. O investimento deste proxecto alcanza os 2450.000 euros e forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do instituto xa que, ademais de crear unha circunvalación, habilitouse un novo acceso ao centro educativo. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.