O Correo de Bergantiños

Mozos de Brión estrearon o renovado albergue xuvenil de Cabana de Bergantiños

Do 17 ao 26 de xullo acollerá un campamento de aventuras organizado pola Xunta

  • 20 jun 2021 / 10:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O albergue xuvenil Alalá Terra e Sons de Cabana acolleu xa os seus primeiros grupos de hóspedes logo da inauguración das instalacións o pasado 11 de xuño. Iniciou así o seu ciclo de actividades deportivas que se prolongará durante os meses de verán.

Entre as primeiras agrupacións de mozos que se achegaron desde o pasado fin de semana estivo a Escola de Tempo Libre ‘Anoando’ de Brión. Arredor dunha vintena de persoas gozaron do entorno natural cabanés e do novo mobiliario do albergue. Aproveitando as xornadas solleiras e de boa temperatura, a rapazada espremeu ó máximo a proximidade á praia do Pendón, o paseo marítimo e as rutas de sendeirismo. Segundo explicaron desde ‘Anoando’, “a experiencia foi sobresaínte e serviunos para descubrir o enorme potencial de Cabana como destino turístico”.

Neste sentido, o alcalde, José Muíño, valorou “moi positivamente a chegada destes grupos de persoas para que o noso municipio se vaia promocionando co método máis efectivo: o boca a boca”. “Non só Cabana, senón toda a Costa da Morte e a comarca de Bergantiños, se van ver beneficiadas enormemente pola reapertura do albergue”, engadiu.

Alalá Terra e Sons obtivo a concesión do albergue no verán do ano pasado. A empresa realizou unha inversión de 70.000 euros para reformar gran parte das instalacións. Conta con capacidade para 45 persoas e unha localización privilexiada, a carón da praia do Pendón. O recinto será o punto neurálxico da realización de actividades deportivas ó longo do verán. Entre estas está o campamento de aventuras da Xunta de Galicia, que reunirá a rapazada de entre 9 e 18 anos desde o 17 ata o 26 de xullo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.