O Correo de Bergantiños

Nace en Corme a Asociación Cultural Insua de Viastela

O seu obxectivo principal é estudar e investigar a figura do navegante Francisco Antonio Mourelle de la Rúa // A presentación será o sábado, día 19, na Praza da Ribeira

  • 17 jun 2021 / 20:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O vindeiro sábado, 19 de xuño ás 18:00 horas, terá lugar na Praza da Ribeira de Corme a presentación da Asociación Cultural Insua de Viastela. De seguido estrearase o Programa de Verán co encontro Mourelle nos Mares do Sur. 271 aniversario do seu nacemento e 241 aniversario da viaxe da Princesa.

A asociación nace co obxectivo de estudar e investigar a figura do navegante Francisco Antonio Mourelle de la Rúa, divulgar o seu legado e a trascendencia das súas viaxes de exploración polo Pacífico. O ano pasado celebrouse o bicentenario do seu pasamento e debido as circunstancias da pandemia as actividades previstas aprazáronse ao 2021. Unha parte moi importante do programa de verán terá ó almirante como protagonista, así como a navegación e o mar en xeral. En vindeiros anos adicarase a outros ilustres persoeiros da Costa da Morte e a espazos afíns a eles “coa fin de recuperar e divulgar a súa memoria e importancia”, afirman.

O estudo, recuperación, protección e divulgación do patrimonio material e inmaterial, o fomento da cultura, da historia e das tradicións mariñeiras e a colaboración con outras asociacións culturais que compartan os mesmos fins ou outras entidades de distinta natureza con igual ideario fundacional, son outros dos retos do colectivo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.