O Correo de Bergantiños

O Club Balonceso Laracha seguirá xestionando as súas categorías base

O seu presidente, Eliseo Velo firmou hoxe a renovación do convenio co alcalde, José Manuel López Varela // O Concello outorgaralle axudas por valor de 13.000 euros

  • 26 nov 2020 / 19:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e Eliseo Velo presidente do Club Baloncesto Laracha asinaron hoxe –nun acto no que tamén estivo presente a concelleira de Deportes, Patricia Bello– a renovación do convenio de colaboración que implica que o club continuará xestionando as Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto cunha achega económica municipal de 8.000 euros para cooperar no financiamento dos gastos dos equipos de base. No acto tamén estivo presente a concelleira de Deportes, Patricia Bello. Como ata o de agora, ambas partes manterán unha estreita cooperación na planificación, organización e realización das actuacións necesarias para o fomento desta disciplina deportiva nas categorías inferiores.

Ademais, o club percibirá outra subvención municipal de 5.000 euros dentro da liña de axudas a entidades que o Concello convoca cada ano polo sistema de concorrencia competitiva.

ACTIVIDADE DAS CATEGORÍAS. O C. B. Laracha conta actualmente cunhas 120 licencias federativas. Ademais dos equipos sénior masculino (que milita na segunda autonómica e que xa comezou a competición) e o sénior feminino (tamén encadrado na segunda división, con inicio de campionato previsto para mediados de decembro) conta con dous equipos cadetes (masculino e feminino), un preinfantil feminino, dous alevíns, un benxamín e un baby basket.

Os conxuntos de categorías de base están todos adestrando e teñen previsto iniciar a competición no mes de xaneiro a excepción do preinfantil feminino, que competirá en Liga Galega e ten programado o seu primeiro encontro para este sábado.

Os adestramentos e partidos locais do C.B. Laracha teñen lugar nos pavillóns Municipal da Laracha, IES Agra de Leborís e CEIP Otero Pedrayo que o Concello pon a disposición do club gratuitamente.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.