O Correo de Bergantiños

O concello carballés colabora con Vieiro cunha entrega de 6.000 euros

Contribuirán ao financiamento do programa de prevención da exclusión social levado a cabo pola entidade

  • 10 dic 2020 / 12:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou este mércores un convenio de colaboración coa Asociación Antidroga Vieiro, que estivo representada pola súa presidenta, Fina Rey, Maripi Mata e Xosé María Arán. No acto, celebrado na Alcaldía, tamén asistiu a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures. O Concello realizará unha achega de 6.000 euros para financiar o programa de prevención da exclusión social que promove a entidade. A directiva agradeceu a colaboración municipal non só con esta axuda económica senón coa rápida solución á necesidade dun local a raíz do incendio que destruíu as antigas dependencias da asociación nas vivendas dos mestres.

As axudas directas outorgadas este ano polo Concello de Carballo ás entidades que desenvolven o seu labor no ámbito social achéganse aos 70.000 euros. Esta mesma semana a Xunta de Goberno Local aprobou outro convenio coa Agrupación Deportiva Un Paso Máis para financiar con 3.000 euros as actividades inclusivas que desenvolve a entidade.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.