O Correo de Bergantiños

O Ecomuseo Forno do Forte de Buño aplica un novo material á base de barro nas estruturas dos pisos

A Deputación Provincial da Coruña xa destinara unha partida para realizar varias remodelacións cun dobre obxectivo: consolidar a estrutura de todo conxunto e conseguir unha mellora estética

  • 23 sep 2020 / 13:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

MALPICA. O Ecomuseo Forno do Forte de Buño, no Concello de Malpica, está a aplicar un novo material a base de barro nas estruturas dos pisos xa que, tras varios anos de uso, necesitaron dun arranxo para conservar así a súa durabilidade estrutural.

Para isto, fixéronse varias probas ata dar co material idóneo para a posterior aplicación no chan de varias das estancias do Ecomuseo, e como non, foi elixido unha pasta a base de barro, que presenta unhas características que o fan moi resistente.

A Deputación Provincial xa destinara unha partida para aplicar, nun primeiro termo, varias remodelacións importantes neste espazo, como a reparación do edificio de administración ou a reposición de varios dos muretes exteriores. Así, conséguese un dobre obxectivo: consolidar a estrutura de todo conxunto, así como unha mellora estética.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, e a concelleira de Olería, Leticia Varela, quixeron “agradecer á Deputación todas as facilidades para acadar esas melloras, nun dos emblemas culturais que temos aquí, con pezas históricas e cunha exposición que lembra o modo de vivir dos nosos antepasado”, comentaron.

Pola súa banda, o xerente do Eco Museo, Paco Doval, sinalou que “con estas intervencións acádase a consolidación do chan das estancias do Museo, algo que era moi necesario. Seguiremos traballando por e para este espazo, onde se reúnen tradición, cultura e artesanía”, rematou.

PECHE DAS SALAS DE AGRICULTURA E MAR. Desde a dirección do Museo indícase que estas estancias permanecerán pechadas por mor dos traballos, aínda que se agarda que proximamente poidan estar de novo abertas ao público.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.