O Correo de Bergantiños

Obradoiro de barro e maquetas en Malpica

  • 13 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

En Malpica queren poñer en valor esta Semana Santa dous dos seus sinais de identidade: o mar e a olería.

Do xoves ao sábado, o Ecomuseo Forno do Forte, de Buño, acollerá un obradoiro de barro. Os interesados en participar e coñecer os segredos do moldeado de pezas coas súas mans poderán facelo de 16.30 a 18.30 horas achegándose ao espazo museístico da vila oleira. A actividade é gratuíta, e está dirixada a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

Pola súa banda, o local social Fogar dos Pensionistas - Casa do Pescador da capital malpicá vai acoller unha mostra de maquetas de barcos ata fin de mes. Trátase dunha iniciativa da c oncellaría de Cultura e a Confraría de Pescadores local.

A exposición está composta por obras creadas polo autodidacta José Blanco Novo, coñecido en Malpica como José de Magío. Poderá visitarse de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

O Concello de Malpica ten tamén programadas actividades para que os escolares de entre 6 e 12 anos poidan gozar esta Semana Santa. Trátase dun completo campamento deportivo gratuíto, que inclúe unha ruta de sendeirismo e unha busca deportiva.

Desenvolverase os días 11, 12 e 13 de abril no pavillón municipal de Malpica de 10.00 a 14.00 horas.

E para despois da Semana Santa, o día 22 chegará a Malpica o Autobús do teatro, para que a veciñanza que o desexe poida asistir á representación de As oito da tarde, cando morren as nais.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.