O Correo de Bergantiños

Obradoiros de memoria, sesión de baile e xogos para os maiores de Ponteceso

  • 02 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Ponteceso mantén o seu compromiso co fomento do envellecemento activo e está organizando obradoiros para adestrar a mente e o corpo. Estes talleres van dirixidos a persoas maiores de 55 anos e neles faranse actividades para reforzar a memoria, manualidades e pautas para manexar correctamente os dispositivos electrónicos.

As sesións aínda non teñen data de inicio nin días fixados, pero serán dúas clases á semana de unha hora e media de duración cada unha. Poderán participar todos os veciños e veciñas maiores de 55 anos en grupos de 15 a 20 persoas.

Tamén volven os domingos de baile e xogos por todo o alto. A partir deste domingo 4 de decembro haberá música en directo e servizo de cafetería en horario de 18.00 a 21.00 horas no Edificio das Escolas de Ponteceso. A Concellería de Servizos Sociais organiza esta actividade co obxectivo de ampliar a oferta lúdica no municipio, combater a soidade e fomentar o envellecemento activo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.