O Correo de Bergantiños

Ofertan para o verán o servizo de conciliación na Laracha

  • 17 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. O Concello abrirá este mércores (18 de maio) a inscrición para o servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestará a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha durante o verán, desde o remate do actual curso e ata o comezo do próximo en setembro.

O servizo estará en funcionamento de luns a venres en horario de 8.00 a 14.00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo e vai dirixido a todas as crianzas de entre 3 e 12 anos de idade que estean empadroadas no termo municipal da Laracha.

Ofreceranse dúas modalidades, con ou sen almorzo (servirase de 8.00 a 9.00 horas), segundo as necesidades de conciliación de cada usuario. En todo caso incluirase a acollida, coidado, vixilancia e actividades educativas e lúdicas por parte de profesionais especializados. Tamén poderá solicitarse o servizo de conciliación fixo para todos os días ou ben de maneira puntual en xornadas soltas ou en determinadas horas.

As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas que xustifiquen a necesidade da conciliación atendendo a circunstancias laborais e sociofamiliares. A preinscrición farase ata o 15 de xuño. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.