O Correo de Bergantiños

Os edís non adscritos acusan ao alcalde de Ponteceso de tentar desprestixialos

  • 04 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os cinco concelleiros non adscritos (ex socialistas) aseguran que o alcalde, Lois García (PSOE), que os acusaba de chantaxealo para pedirlle cartos, din que noutra gravación de audio que o rexedor non lles permitiu escoitar no último pleno “demóstrase ben clariño que foi o propio rexedor quen nos ofreciu, cartos, dietas, tickets, coches...”, afirman.

Acúsano de actuar “de mala fe, e pedir unha reunión para provocarnos e facer unha montaxe coa fin de desprestixiarnos diante dos nosos veciños, poñendo en dúbida a nosa honradez e buscando unha expulsión do partido”.

Por outra banda, sinalan que non entenderán nunca porque os dirixentes “dun partido que di ser de esquerdas, progresista e feminista non nos deron a oportunidade de emitir a nosa versión, e en vez diso fixeron leña do árbol caído”. Piden aos responsables do PSOE que asuman a súa “equivocación” e actúen co alcalde “coa mesma contundencia que o fixeron con nós”.

Critican tamén ás dúas concelleiras que siguen apoiando a Lois García, “porque elas foron conscientes en todo momento de que isto era unha falsidade, foron partícipes da mentira igual que o foron cando non axudaron a nosa compañeira Raquel; esas persoas non son dignas de representar aos veciños, deberían ser conscientes de que nos elixen para ser honestos e buscar o ben do pobo”, sinalan.

Indican ademais que despois de aprobarse en pleno a constitución dunha comisión especial de investigación para esclarecer a instalación de cámaras no consistorio, “o alcalde, presuntamente, manda destruír toda a documentacion da alcaldía e por enriba trata a xente de tonta, falando da sede electrónica, coma se as cámaras estivesen nesa sede”.

Por todo o sinalado, os edís non adscritos volven a pedir a García Carballido que dimita, e senon é así a executiva provincial “debe asumir a sua responsabilidade e apartalo polo ben da sociedade e do propio partido. Se non o fan esperemos que nalgún momento lles remova conciencia de facer tanto dano e vaian saíndo á luz a verdade dos feitos, como quen nos mandou o audio cunha nota que poñía: hai máis”.

Aseguran que “nunca deberon publicarse audios nin videos de conversas privadas e menos en dependencias públicas, pero está claro que ao responsable de todo isto dalle igual o noso parecer, porque todo lle vale”. Aínda que cheguen meses despois agradecemos que a “ese alguén lle removese a conciencia e decidise dar este paso, só pedimos que os nosos inimigos sexan xustos e teñan principios”, conclúen.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.