Plan formativo para o sector da hostalaría no Fórum Carballo
Carballo. A concellaría de Innovación, Formación e Emprego de Carballo porá en marcha este mes un programa de formación específico para a hostalaría coa intención de que poida afrontar nas mellores condicións os retos que ten por diante.
Para iso contarán cos profesionais Miguel Silvarredonda, colaborador en departamentos de I+D en empresas alimentarias e docente de cociña; Alberto Falcón, experto en marketing, comunicación e formación; e Javi Mos, profesional especializado en comunicación e marketing.
O programa inclúe seis accións formativas: escandallo e optimización de menús; atención ao cliente online e whatsapp business, conservación de produtos, como prepararse para o delivery e envases para take away.
Todas as accións formativas impartiranse nas instalacións do Fórum Carballo, de 17.00 a 19.00 horas. A participación é gratuíta, e os profesionais do sector da hostalaría interesados en participar poden inscribirse a través do formulario electrónico dispoñible en www.carballo.gal. Para información adicional e tamén para inscricións está operativo ademais o enderezo de correo electrónico seguinte: academiadeturismo @sihaho.com. M. LAVANDEIRA