Poñerase en marcha o primeiro Plan de Emprego da historia en Ponteceso
Espérase poder beneficiar como mínimo a dez traballadores/as durante seis meses
Ponteceso. A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Ponteceso, Noelia Varela, e o alcalde do municipio, Lois García Carballido, reunidos o venres pasado, acordaron convocar o primeiro Plan de Emprego da historia de Ponteceso. “Grazas ao aforro en gastos de persoal, por exemplo, coa renuncia ao soldo do alcalde , pódese financiar un plan de emprego que vai beneficiar como mínimo a 10 traballadores/as durante seis meses, e formar unha bolsa de emprego para futuras contratacións, segundo vaiamos dispoñendo de recursos” explicou a concelleira.
O alcalde felicitou a Noelia Varela pola iniciativa. “Toda a veciñanza vaise ver beneficiada, pero especialmente aquelas persoas contratadas, ás que imos incorporar ao mercado laboral”, afirmou.
PRAZAS DISPOÑIBLES PARA O CURSO DE PREVENCIÓNDE RISCOS LABORAIS. O alcalde lembrou tamén que aquelas persoas que queiran anotarse ao Curso de Prevención de Riscos Laborais, están a tempo de facelo, posto que aínda quedan prazas dispoñibles.