O Correo de Bergantiños

Preocupa o gromo da residencia carballesa DomusVI, que supera as 20 mortes

Hai máis de 100 persoas afectadas pola COVID // O número de casos activos no Concello é de 367

  • 04 feb 2021 / 19:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. A comisión de seguimento da COVID-19 reuniuse hoxe pra abordar dúas cuestións fundamentais: por unha banda, a evolución sanitaria no concello, con especial preocupación polo gromo da residencia DomusVi, e, por outra, o cumprimento por parte da poboación das restricións vixentes nestes momentos.

En canto ao primeiro punto, o alcalde deu conta dos datos que se trasladan a diario ao Concello dende o Sergas, e segundo os cales a día de hoxe hai 367 casos activos, cifra que descendeu con respecto ao sábado pasado (400). Na residencia de maiores, o número de falecementos xa supera os 20 e segue a haber máis de cen persoas afectadas pola COVID.

Despois dos cribados sectoriais realizados, o último deles esta mesma semana, Evencio Ferrero informou de que, dada a elevada incidencia do virus, solicitouse tamén á xerencia da Área Sanitaria A Coruña-Cee un cribado masivo no termo municipal.

Outro dos temas tratados na xuntanza foron os controis diarios que realiza tanto a Garda Civil coma a Policía Local para controlar que a poboación cumpra as restricións vixentes. Os principais incumprimentos que se están detectando están relacionados cos peches perimetrais. En concreto, a Policía Local tramitou nos últimos días un total de 51 denuncias.

Salvo que a situación obrigue a realizar unha xuntanza con anterioridade, a comisión de seguimento da COVID volverá a reunirse o 18 de febreiro, xusto o día despois do prazo fixado en principio por parte da Xunta de Galicia para manter vixentes as actuais restricións.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.