O Correo de Bergantiños

Propoñen un plan conxunto para estudar a Croa do Castro de Cerqueda

Deputación e Concello van remusealizar no primeiro trimestre o Forno do Forte

  • 12 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Malpica. O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o deputado de Patrimonio Xosé Luís Penas, plantexaron a representantes do goberno de Malpica desenvolver un proxecto conxunto entre o Concello, a Deputación e a Xunta para poñer en valor a Croa do Castro, de Cerqueda, onde xa se realizou en novembro unha prospección xeofísica.

Regueira entende que “un convenio a tres sería a fórmula máis acaída para un proxecto que precisa a participación das tres institucións implicadas e que contribúa a avanzar nunha investigación que pode dar pasos adiante non só no coñecemento da nosa historia senón tamén na atracción patrimonial da Costa da Morte”.

A concelleira de Cultura, Leticia Varela, apuntou ademais que esta investigación pode dar a luz a importantes datos da historia e, de maneira especial, do pasado da cerámica de Buño, que sería unha das razóns da condición estratéxica da escavación.

Na reunión, na que participou tamén o concelleiro Miguel Varela, concretaron a remusealización do Forno do Forte, de Buño, que se levará a cabo no primeiro trimestre. O orzamento é de 30.000 euros e o obxectivo é dedicar a totalidade das estancias e toda a contorna do inmóbel a museo da olería, con especial atención á produción de Buño e a Costa da Morte mais incluíndo a artesanía en barro de todo o territorio galego. Incorporaranse tres novas salas, unha multiusos e as outras para novas creación e exposicións temporais. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.