O Correo de Bergantiños

Reactivan a depuradora de Vilaverde que sufriu un acto de vandalismo

Despois das probas, o Concello de Coristanco xa recibiu de Augas de Galicia as instalacións

  • 13 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Coristanco. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras de mellora e posta en marcha da estación depuradora de Vilaverde, en Coristanco.

A intervención, cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, permite a recuperación do funcionamento da planta de tratamento de augas residuais do núcleo de Vilaverde, que deixou de funcionar tras sufrir un acto de vandalismo.

Cómpre lembrar que foi executada por Augas de Galicia no marco do contrato de execución dos colectores xerais e depuradora de Vilaverde, que foron entregados ao Concello en 2017. As novas obras agora rematadas permitiron a substitución da totalidade dos elementos avariados; así como a mellora da impulsión de cabeceira con bombas de funcionalidades pre-programadas, para adaptarse automaticamente ao entorno cambiante das augas residuais. Tamén se procedeu á instalación de dúas novas bombas e modificáronse as instalacións eléctricas e autómata dos novos equipos.

Esta semana a entidade hidráulica da Xunta fixo efectiva a entrega o Concello das actuacións realizadas, tras concluírse o período de 1 mes de proba da súa posta en marcha, estipulado no contrato de execución das obras.

Esta nova colaboración co Concello súmase aos traballos da Xunta para a redacción do proxecto construtivo de mellora do sistema de abastecemento no municipio de Coristanco, cun investimento de máis de 18.000 euros.

Neste caso, trátase de deseñar as actuacións precisas para a reforma da estación de tratamento de auga potable municipal, en funcionamento desde hai preto de 34 anos, que presenta deficiencias e precisa adaptar o seu funcionamento para o cumprimento dos estándares actuais.

Con este contrato, Augas de Galicia quere dar resposta á solicitude de colaboración do Concello para solucionar as deficiencias das instalacións de tratamento de auga potable situadas no lugar de Carrizal, que están xerando interrupcións e outros inconvenientes que restan calidade ao servizo de auga para o consumo dos veciños.

O departamento que preside Ethel Vázquez mantén a súa vontade de cooperar cos concellos para a mellor prestación dos servizos municipais de abastecemento e de saneamento de auga á poboación, que son de competencia local.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.