O Correo de Bergantiños

Simulacros de rescate en Balarés

  • 22 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ponteceso. O servizo de socorrismo do Concello realizou dous simulacros de rescate acuático na praia de Balarés no transcurso dunha actividade realizada para os nenos e nenas do campamento. Uns dos simulacros consistíu no rescate dunha vítima que estaba a nadar e tiña un problema nunha perna que lle impedía volver á beira. No segundo amosaron aos pequenos como se fai a reanimación cardiopulmonar dunha persoa que estaba inconsciente na auga boca abaixo.

As nenas e nenos, que foron moi participativos durante o tempo que durou a actividade, tamén recibiron consellos para que saiban actuar en caso dunha emerxencia. O alcalde pontecesán, Xose Lois García Carballido, estivo presente non transcurso destes exercicios de emerxencias e felicitou ós socorristas polo gran traballo que están a facer. A iniciativa enmarcouse no programa de actividades municipais para á epoca estival en Ponteceso. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.