O Correo de Bergantiños

Talleres e conferencias na Fundación Eduardo Pondal e a Casa da Muller

  • 04 nov 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Este outono chega a Ponteceso cargado de actividades. A Fundación Eduardo Pondal e a Casa da Muller acollerán talleres e charlas que se levarán a cabo coa colaboración do Concello.

Na Casa da Muller, Universidade Rural “Aldea O Couto” impartiranse talleres de informática e capoeira os luns, de 16.00 a 18.00 horas; gaita, os martes de 11.00 a 13.00 ; cancioneiro e cociña, os martes de 16.00 a 18.00; coaching, mindfulness e costura, os mércores, de 16.00 a 18.00; percusión, os xoves de 11.00 a 13.00; bonecas, papel e costura, os xoves, de 16.00 a 18.00; teatro, pirogravado e cestería, os venres, de 16.00 a 18.00; conciliación e robótica, os sábados de 10.00 a 14.00; e de saúde os domingos ás 17.00 horas.

Pola súa banda, a sede da Fundación Eduardo Pondal acollerá varias conferencias sobre temas de saúde. Comenzarán o día 14 de novembro, coa farmacéutica Inmaculada Díaz Varela. O programa completarano o fisioterapeuta Borja Couto Baña (día 21); a óptica e audioprotésica María Belén Bello Cerdeiro e Karina Becerra (audioloxía, o día 28); a doutora Adriana Suárez Pose (5 de decembro); as odontólogas Ana Belén Andrade Verdes e Sara Verdes Pereira (12 de decembro) e a podóloga Alba Pose Gontad (19 de decembro).

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.