O Correo de Bergantiños

Tramitan 37 denuncias por saltarse as normas sanitarias na Laracha

Interceptados catro condutores que deron positivo por consumo de drogas e alcohol

  • 24 nov 2020 / 18:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. A Policía Local da Laracha intensificou o seu labor de control das medidas vixentes debido a pandemia e tramitou na pasada semana un total de 37 denuncias.

Os principais incumprimentos detectados consistiron en saltarse o peche perimetral, atoparse en espazos públicos sen empregar a máscara, fumar na vía pública sen respectar a distancia de seguridade e as xuntanzas de persoas non convivintes.

Ademais, en canto ao labor de control da circulación na rede viaria, os axentes do corpo de seguridade municipal interceptaron dous condutores que deron positivo por consumo de drogas e outros dous que superaron a taxa de alcohol permitida na proba de aire expirado. Nos catro casos, a Policía Local iniciou os preceptivos expedientes sancionadores.

Hai que lembrar que na media noita do pasado sábado entraron en vigor no Concello da Laracha as medidas de prevención específicas establecidas polas autoridades sanitarias ante o incremento de contaxios no municipio. As principais restricións consistiron no peche perimetral coa comarca de Bergantiños (prohibindo a mobilidade salvo por casos xustificados, nos límites cos concellos de Arteixo, Cerceda e Culleredo), a limitación das agrupacións a persoas convivintes e o peche da hostalería. M. LAVANDEIRA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.