O Correo de Bergantiños

Tripulacións a punto para un novo Descenso polo Anllóns en Carballo

  • 22 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O foco de atención do San Xoán desprazarase na tarde do sábado ao río Anllóns. A partir das 18.00 horas comezarán a baixar polas súas augas nove orixinais e chamativas embarcacións artesanais, a bordo das cales viaxarán unhas tripulacións que competirán en simpatía, habilidade e velocidade.

Serán os grandes protagonistas do XXIII Descenso do Anllóns, unha divertida proba que cada ano xunta a máis xente á beira do río. En xogo estan 2.375 euros en premios e gratificacións.

O xurado, que estará composto por membros da comisión de festas ou persoas designadas por esta, premiará ás embarcacións máis orixinais (300 € máis un vale de 150 € patrocinado por Deportes San Remo para a mellor; 200 e 125 euros para a segunda e terceira, respectivamente). Haberá tamén dous premios para as tripulacións máis simpáticas (200 e 100 €), e outros dous para as probas de habilidade (100 €) e á embarcación máis veloz (100 €). Asemade, o xurado poderá outorgar accésits por un valor de 250 euros.

As embarcacións deberán estar construídas artesanalmente e poderán ser propulsadas por calquera medio que non sexa mecánico a motor. Debido á escaseza de auga na canle, este ano acurtarase o percorrido. A travesía partirá ás 18.00 horas do Bosque do Añón, do espazo onde se celebra a Festa do Bosque e rematará no Parque do Anllóns, no centro da vila.

Para poder optar a premios, como mínimo, a metade dos membros de cada embarcación deberá permanecer sobre ela durante todo o percorrido. Só se permitirá o descenso de todos os tripulantes durante un tempo máximo de trinta segundos no caso de ter que salvar algún obstáculo determinado.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.