O Correo de Bergantiños
Visten o Museo da Arte Contemporánea de Corme cunha bandeirola artística
Foi elaborada por veciñas e veciños de Ponteceso a partir de obras moi diversas
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
O Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte en Corme (MACCMO) xa conta cunha bandeirola que vestirá a súa fachada, e que foi elaborada por veciñas e veciñas do Concello de Ponteceso. A través dunhas 55 pequenas lonas a pegada artística dos pontecesáns quedará reflectida para sempre no gran mosaico do museo, a través da pintura, traballos de redeiras, debuxos, collage, punto de cruz, bordados e mesmo fotografías que están presentes nestas pezas e obras artísticas únicas creadas por persoas de entre 7 e 90 anos.
No acto inaugural e de colgado da bandeirola estivo presente o alcalde, Lois García Carballido, así como representantes do museo.
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.