O Correo de Caldas-Tabeirós

A Estrada aproba iniciar a contratación do cambio de sinalización na vila

  • 27 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Estrada. A xunta de goberno local do Concello da Estrada vén de aprobar o inicio do procedemento de contratación para a execución das obras de mellora integral da sinalización no casco urbano, proxectadas cun orzamento de 292.100,90 euros. Con esta actuación, que será financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o Concello ten como obxectivo a mellora de todos os sinais de dirección, de tráfico e de rúa na totalidade do casco urbano da Estrada. Para iso, substituiranse todos os sinais existentes, na súa meirande parte en mal estado ou obsoletos, e instalarase a nova sinalización empregando un único material para conseguir unha imaxe homoxénea. Os traballos conlevarán a instalación de máis de 600 novos sinais nas rúas do casco urbano, Posteriormente ten previsto facer estes mismos traballos no rural. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.