O Correo de Caldas-Tabeirós

A Estrada convertirase na capital dos froitos vermellos galegos o 9 de xullo

  • 29 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

a estrada. A II Feira dos Froitos Vermellos converterá á Estrada na capital dos berries galegos por segundo ano consecutivo. O Concello da Estrada, organizador do evento, acolleu este martes a presentación da feira, que se celebrará o 9 de xullo no Novo Mercado de 10.00 a 14.00. A cita está impulsada por Berries Galicia, primeira asociación de produtores galegos de froitos vermellos, que busca a venda sen intermediarios dun produto autóctono, sostible e de alta calidade. A feira propón unha xornada de degustación gratuíta de froitos vermellos, de forma natural e elaborados, como marmeladas, xeados ou repostería. O evento inclúe tamén un showcooking e unha degustación gratuíta de cócteles sen alcohol. Ademais, a edición deste ano da Feira dos Froitos Vermellos contará cun DJ e un sorteo de cestas de produtos. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.