O Correo de Caldas-Tabeirós

Alumnado de Valga bota unha carreira pola língua

  • 22 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Valga. O IES de Valga celebrou o venres o acto central conmemorativo do Día das Letras Galegas, a xa tradicional Carreira pola Lingua, unha actividade que contou, ademais, coa participación de alumnado de 5º e 6º cursos de Primaria dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo. Antes de dar a saída, o patio cuberto do instituto albergou un acto ao que asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez. O rexedor instou a toda a mocidade a sentirse “orgullosos da nosa fala” e animounos a seguir “empregando o galego como lingua de comunicación coa familia, entre amigos e en todos os ámbitos”. Os corredores tomaron a saída ás portas do instituto e realizaron un percorrido de seis quilómetros que os levou polo Carballiño, Sixto, Senín, Outeiro, estrada da Bouza, Avenida Bella Otero e regreso ao IES, onde se entregaron as medallas aos gañadores nas diferentes modalidades (Primaria, ESO, Bacharelato e adultos). arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.