O Correo de Caldas-Tabeirós

Aplicación móbil para que aparquen os caldenses

  • 15 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Caldas de Reis. O Concello de Caldas de Reis avanza na mellora da accesibilidade coa posta en funcionamento dunha novidosa aplicación móbil gratuíta, Parking Gapp, que permite monitorizar mediante sensores unhas 25 prazas de aparcamento habilitadas no casco urbano para persoas con discapacidade.

O concelleiro de Medio Ambiente e Obras, Manuel González, comprobou cos responsables da empresa adxudicataria, Pablo Mansilla e Adriano Marques, a implantación deste novo servizo e o funcionamento da propia aplicación, que servirá tanto para a veciñanza de Caldas e da contorna, como para visitantes e turistas con máis dificultades para localizar as prazas de aparcamento. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.