O Correo de Caldas-Tabeirós

Axudas do ARI de Caldas para máis de cen familias

  • 08 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Caldas de Reis. O concelleiro de Obras de Caldas, Manuel González, deu a coñecer os traballos desenvolvidos nos últimos meses pola Oficina da Área de Rehabilitación Integral “que permitiu informar e axudar a máis de 100 familias na tramitación de axudas á rehabilitación, mellora da eficiencia enerxética, adquisición e aluguer de vivendas”.

As axudas que maior demanda teñen son as de rehabilitación de vivendas no ARI do Camiño de Santiago, sendo xa 30 os expedientes tramitados, que ascenden a uns investimentos por importe total de 300.000 euros, e que optan a unha axuda de 130.000 euros, o que supón unha axuda media por vivenda de 4.300 euros. Tamén foi tramitada unha nova convocatoria de axudas á rehabilitación no casco urbano e son 17 as familias que optan ás axudas. O importe medio das obras sitúase en preto de 9.000 € por vivenda.

En canto á compra de vivenda, tramitáronse catro expedientes no casco histórico, tendo sido concedidos tres por importe de 10.800 € por vivenda. Neste ano atendeuse a petición doutras cinco.

Indicar que a maior parte das citas nos últimos catro meses, máis de 35, son para as axudas ás melloras de eficiencia enerxética. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.