O Correo de Caldas-Tabeirós

Caldas de Reis intensifica a campaña da compostaxe

  • 28 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Caldas de Reis. Baixo o lema Tempo de reciclar, Caldas composta o Concello de Caldas de Reis promoveu a compostaxe doméstica no mercado semanal dos luns, cun punto informativo e unha mostra dun dos 110 composteiros que serán entregados, totalmente de balde, durante o mes de outubro ás persoas que o soliciten, que residan habitualmente en Caldas e que dispoñan na súa vivenda dun espazo verde.

Nesta ocasión os composteiros están financiados polos fondos europeos Next Generation da UE, a través da Xunta e do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia del Gobierno de España.

As persoas interesadas en dispoñer dun destes composteiros debe chamar ao teléfono de avisos do Concello, 647 574 316, ou enviar un correo electrónico a: avisos@caldasdereis.com indicando nome, apelidos e dirección, ou personarse no edificio do centro comarcal polas mañás. A asignación farase por orde de entrada das solicitudes. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.